Que ver

Nun lugar da Costa da Morte atopase un recuncho cheo de encanto que poderás visitar a través da mirada dos teus ollos.

O Municipio de Laxe ofrece ao visitante unha beleza paisaxística incomparable. Este encantador e hospitalario municipio da costa da Morte conta cuns excelentes recursos naturais e unha fermosa paisaxe.

Non faltará entre os seus mariñeiros, aquel que che conte historias da súa vida no mar, de naufraxios ou abordaxes, das supersticións e crenzas relixiosas,...