Comunidades Pesqueiras :: Presentación

Comunidades PesqueirasDende o comezo do Proxecto Mardelaxe desenvolvemos unha labor moi importante de intercambio de información con diversas comunidades pesqueiras de todo o mundo e a pesar de que a maioría se atopaban en situacións moi precarias con respecto á que temos hoxe en día en Galicia, ese intercambio de información foi moi enriquecedor.

Durante este tempo visitáronnos Comunidades Pesqueiras de Uruguay, Arxentina, Chile e da Illa de Hierro.

Pero non só recibimos visitas, xa que en setembro do ano 2004, estivemos nunha comunidade pesqueira en Uruguay, concretamente na que se encontra situada na Laguna de Rocha. Alí coñecemos a unha serie de pescadores que nos contaron as súas vivenzas e a amosarnos súa forma de traballar.

En novembro de 2004 participamos nas mesas de traballo que tiveron lugar na Universidade de A Coruña coma paso previo a creación da rede de Comunidades Pesqueiras.

O Director do Proxecto foi invitado polos organizadores a participar nas mesas de traballo, a pesar de que nese momento a Confraría de Pescadores de Laxe non ía a formar parte do grupo de constitución da Rede de Comunidades Pesqueiras. Alí coincidiu cos pescadores que visitara facía uns meses na Laguna de Rocha en Uruguay, os cales se mostraron encantados co reencontro e manifestaron a súa intención de coñecer o porto de Laxe, algo que fixeron ó día seguinte de camiño cara o porto de Lira para celebrar o acto de constitución da Rede de Comunidades Pesqueiras.