Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MELLORA DOS EQUIPAMENTOS DA FABRICA DE XEO DA LONXA DE LAXE


PROXECTO DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA, DA PROTECCIÓN DO AMBIENTE, DA SEGURIDADE E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO, E DA CALIDADE E DO CONTROL E DA RASTREXABILIDADE DOS PRODUTOS DESEMBARCADOS DA PESCA

Tipo de inversión: Mellora da calidade e incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE PE209G-2023/06
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 83.821,00 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 83.821,00 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 100 %
PROXECTO ANUAL 2023
DATA DE POSTA EN MARCHA 21/09/2023

CARTEL FEMPO día 17 de xullo de 2023 comezaron os traballos de execución do Proxecto de Mellora dos equipamentos da fábrica de xeo da lonxa de Laxe. Estes traballos remataron ó día 20 de setembro de 2023.
Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:
As accións que se acometeron foron a substitución da maquinaria de fabricación de xeo existente, xa que era moi antiga e estaba moi deteriorada, por unha maquina máis eficiente e de menos consumo que permite realizar a recuperación do calor para calefactar outros locais.
A nova maquinaria de fabricación de xeo emprega un gas refrixerante con un PCA (potencial de calentamento atmosférico) menor. A máquina substituída traballaba co gas refrixerante R-404 A – PCA= 3.921,60; a nova máquina utiliza o gas refrixerante R-452 A con PCA= 2139,25, de este xeito se reduce o PCA en 1.785,35 (en > 45%).
A máquina de fabricación de xeo se vai a empregar para poñer en funcionamento o sistema de recuperación de calor. O sistema esta formado por unha rede de condutos, polo que se distribuie o aire ás distintas estancias da confraría en climaver Neto (acústico), para reducir a contaminación acústica. En cada estancia se colocaron rexillas para a saída de aire. A fabricación, dimensionado e distribución facilitan o fluxo de aire interior dentro dos valores de velocidade e ruído marcado según RITE. Tamén evitan a propagación da chama e posen capacidade tanto térmicas como acústicas e estancas para mellorar a eficiencia enerxética, climatizando solo as zonas afectadas.
O antigo silo de xeo tiña un sistema de rastrillo, que cando era utilizado para o suministro de xeo, ocasionaba un importante gasto de mantemento e de consumo. O novo sistema implantado fai que o silo só sexa utilizado como cámara de almacenamento de xeo en contedores isotérmicos de PVC, que son retirados para o seu uso mediante transpaleta manual ou carretilla elevadora, reducindo de esta maneira o coste de mantemento e consumo de enerxía. Para a rehabilitación do silo se retiraron as estruturas antigas e se nivelou o chan ao mesmo nivel que o da lonxa, para poder acceder ao interior, a través da nova porta frigorífica de maior dimensión que se instalou .
A posta en marcha do proxecto supón unha mellora considerable non só no que respecta ao suministro de un produto tan necesario como o xeo, se non tamén na redución dos consumos eléctricos que se producen cada vez que se realiza a manobra de suministro de xeo, xa que ademais de que o equipo novo e de menos potencia, se elimina o consumo derivado do funcionamento do antigo sistema de suministro, formado por un rastrillo, e dous usillos, un horizontal e outro vertical.
O obxectivo deste proxecto cumpriuse coa posta en marcha da maquinaria instalada, xa que a súa utilización vai a permitir acadar un importante aforro enerxético, e sobre todo garantir o suministro do xeo para a venta diaria de pescado na lonxa de Laxe.
A localización destas accións se desenvolve nas instalacións da fábrica de xeo que se encontran situadas no edificio da lonxa de Laxe; estas instalacións están formadas pola sala de maquinas e o silo de xeo. A modificación do silo de xeo vai a permitir manter o xeo que se produza no seu interior, acadando unha mellor conservación do mesmo debido a temperatura que se alcanza no silo; ademais esta instalación se vai a poder utilizar para gardar pescado fresco cando por situacións de mal tempo non haxa compradores suficientes para poder realizar a poxa diaria.
Os resultados que se acadan coa posta en marcha do Proxecto de Mellora dos equipamentos da fábrica de xeo da lonxa de Laxe son claramente satisfactorios para o sector, xa que co desenvolvemento do mesmo se consigue garantir o suministro de un produto tan necesario para a comercialización dos pescados e mariscos na lonxa de Laxe, como é o xeo, que axuda a manter as condicións de conservación dos pescados dende que chegan á lonxa ata a súa venta na poxa diaria.
ACTIVIDADE:
Mellora dos equipamentos da fábrica de xeo da lonxa de Laxe, para o suministro do xeo utilizado na conservación dos produtos que se venden diariamente na lonxa de Laxe.
Para realizar as actuacións previstas no Proxecto de Mellora dos equipamentos da fábrica de xeo da lonxa de Laxe, foi necesario solicitar a autorización do Ente Público Portos de Galicia, por tratarse de unha Concesión de dominio público portuario.
Características técnicas: FÁBRICA DE XEO
Marca ZIEGRA
Modelo UBE 1.750 Nº Serie: 235266
Tipo de tracción ou alimentación Eléctrica
Material de fabricación Cobre
Rendemento nominal 1.750 kg/24 horas – xeo troceado
Cumprimento normativa Cumpre toda a normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo do equipo solicitado:(Si)
Cumprimento normativa hixiénico-sanitaria Cumpre coa normativa hixiénico sanitaria:(Si)
Outras características técnicas de interese
Cadro e revestimento: revestimento pintura en polvo.
Consumo eléctrico: 6,5 kW. Electricidade plena carga 11,7 A. Tensión de alimentación: 3/N/PE – 400V 50 Hz. Fusibles, reacción lenta: 50A. Sección de Cable: 6 mm2.
Entrada de auga: ½´´ rosca exterior. Desaugue: 14 mm mangueira. Presión: 2-5 bar. Calidade: auga potable. Valor de pH: 7,2 – 9,5 pH. Grado de dureza: 6 – 14 ºdH. Temperatura: 5ºC – 30ºC. Temperatura ambiente: 5ºC – 42ºC.
Condensador: refrixerado por aire. Fluxo de aire: 6000 m3/h. Emisor de calor: 13kW.
Refrixerante: R452A/R404A – 7 kg.
Compresor: hermético Danfoss. Capacidade frigorífica: 8,75 kW. Temperatura de evaporación: -25ºC. Temperatura de condensación: 33ºC.
Nivel de intensidade sonora: 65 dBA (3 m)


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024