Actualidade :: Novas

COLABORACIÓN EN EXPOSICIÓNS ITINERANTES: A MEMORIA DO MAR

(Foto A Foto Consturindo Patrimonio)
A cal consta de tres seccións:
Do areal ao peirao + O mar mirado + Cos pés no mar

EXPOSICION A MEMORIA DO MARDO AREAL AO PEIRAO ( Do 25 de maio ao 8 de xuño do 2009 ):
Amosa as transformacións que foron sufrindo as paisaxes e as vilas costeiras ao longo do século XX. O crecemento urbán, as novas necesidades para a crecente industria pesqueira e, sobre todo a evolución das instalacións portuarias fican plasmadas nesta mostra, cuxo título, precisamente, sintetiza estos cambios: dos areais, utilizados como varadoiros e campos de redes habituais, ás grandes infraestructuras que mudaron de xeito irreversible a fasquía costeira.

O MAR MIRADO ( Do 14 ao 27 de setembro do 2009 ):
Esta exposición sintetiza aqueles aspectos do fondo fotográfico recollido máis relacionados cos cultos, o lecer e o goce do mar, inmortalizando paisaxes, procesións, praias onde gorentar, festa e mesmo as lembranzas dos días de descanso. A exposición dalle un novo valor engadido a esta temática ao ofreceren ás imaxes máis persoais, máis intimas do arquivo.

COS PÉS NO MAR ( Do 4 ao 17 de xaneiro do 2010 ):

Amosa un mar representado como vía de comunicación e de recursos máis que como un mundo descoñecido ou mesmo fronteira insorteable. Escenas plásticas de buques, descargas, subastas de peixe, redeiras?. Todo un mar de oficios relacionados co mar que mesmo propician unha socialización deste espazo. Un mundo que tiña os pés no mar.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024