Actualidade :: Novas

COLABORACIÓNS CON OUTRO TIPOS DE PROXECTOS:

Durante o ano 2009, a cofradía de Laxe, comprometeuse a axudar e colaborar con outros proxectos entre eles os seguintes:

TURGALICIA: coa colaboración de ITO-Consultores, ós cales a Cofradía prestou a súa axuda facendo unha base de datos sobre as actividades realizadas no Porto de Laxe.

FEMMA: (Cuestionario sobre o papel da Muller no Mundo do Mar), no cal a coordinadora do proxecto mardelaxe, Manola M. Santos, realizou unha entrevista a varias mulleres, as cales traballan directa ou indirectamente no Porto de Laxe.
Esta encuesta tiña como finalidade realizar un estudo sobre a vida da muller integrada no sector pesqueiro, coñecementos de diversos aspectos positivos e negativos.

FEP: (Cuestionario do Fondo Europeo de Pesca); o cal recollía información e datos sobre a importancia da Cofradía de Laxe respecto ós seus afiliados.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024